O corpo como identidade no pensamento xaponés: a proposta filosófica de Mishima Yukio
Synopsis
Debido ás infl uencias do budismo (introducido no Xapón no s. VI) e a súa negación dos fenómenos, o corpo verase como obxecto de desprezo no pensamento xaponés. É por esta razón, que ata o século XVII o corpo non tivo para os xaponeses unha importancia capital no que a concepto filosófico referímonos. Agora ben, o corpo comezouse a entender como obxecto estético asociado á construción identitaria dos suxeitos. A proposta de Mishima hibrida as súas infl uencias do budismo Hōsso coa
conceptualización do “eu”, como unha sorte de conxunción entre a mente e o corpo, sendo este un obxecto e á vez parte do “eu de min mesmo”. A proposta de Mishima enfróntanos á posibilidade de percibir e entender o corpo como unha realidade que pode variar segundo o observador, isto é, identidade para un mesmo, pero obxecto estético para o outro.





